• Skip to main content
  • Skip to footer
  • adarsena@adarsena.com
  • T. +34 663 91 12 33
  • facebook
  • instagram

a dársena do francés

Alberque terra e mar, en Redondela

  • Instalacións
  • Servizos
  • Actvidades
  • Dispoñibilidade
  • Coñécenos
  • Contorna
  • contacto

Main Content

Albergue rural

en Redondela

Contactar Dispoñibilidade

A Dársena do Francés emprázase nunha antiga casona galega do século XIX, restaurada nos anos 70 do século pasado e remodelada como albergue rural de ambientación mariñeira na actualidade.

Tel. 663 91 12 33

Habitacións e espazos sinxelos e confortables, usando materiais naturais e renovables,
sen perder o aire tradicional e acolledor para que o visitante se sinta como na casa.
Ven coñecer as nosas instalacións!!!

INSTALACIÓNS

Ambiente coidado
Almorzo
Comedor
Cociña e lavandería
Estancias acolledoras
Ben localizado
Construcións tradicionais
Paraxe natural
Xardín amplo

servizos

Aloxamento rural con vocación mariñeira,
con todas as comodidades e o valor da tradición costeira

ACCESIBILIDADE

Eliminamos barreiras para que todas as persoas teñen a posibilidade de acceder ás nosas instalacións. Tentamos que todos podamos facer uso dos nosos servizos do xeito máis autónomo posible. Contamos con indicadores en braille e pictogramas (ARASAAC).

GRUPOS

As nosas instalacións fan posible a estancia e a realización de actividades en grupo. Non dubides en consultarnos.

satisfacción

WIFI, lavadora, secadora e cociña completa, entre outros. Tamén contamos con espazo para almacenamento de BICICLETAS. Pensado para a comodidade e o aproveitamento de todos os servizos e actividades que ofertamos.

Pet-friendly

Se viaxas coa túa mascota, non te preocupes. Ela terá un lugar no noso albergue.

ACTIVIDADES

Participamos en propostas relacionadas coa vida no mar.
Promovemos actividades para o lecer e/ou culturais

Abrimos!!!

Estamos encantados de presentarvos o noso albergue. Traballaremos para que sexa un espazo aberto e acolledor, que poida satisfacer aos visitantes que nos visiten.

Neste espazo publicaremos as novas locais e actividades nas que participamos, non deixedes de seguirnos!

Agardámoste!
Perfecta para o descanso ou para actividades como:
deportes náuticos, pesca, paseos pola ría ou roteiros

A casa atópase nunha leira labrega duns sete mil metros cadrados presidida por un maxesutoso canastro centenario.
A finca conta con viñas e árbores, frutais e silvestres, que a converten nun oasis de tranquilidade para o viaxeiro

Consulta a dispoñibilidade

Tradición e confort

Construcións tradicionais

A casa feita en pedra do país conserva case completamente, a estrutura orixinal do s. XIX. A Dársena do Francés conta cun singular canastro de oito rodas da época napoleónica (1806). Ao seu carón, atopamos un centenario pilón, antigamente utilizado para lavar a roupa. Ademáis a finca conta con dúas mesas exteriores (a lenda familiar di que pertenceu a Pedro Madruga), bancadas e numerosos postes de viña que dotan de personalidade ao espazo.

Ben localizado

O albergue ten un emprazamento inmellorable para gozar da tranquilidade da natureza como das actividades deportivas relacionadas co mar, ou o ocio que ofrecen as cidades. Situado no km 85.270 dos camiños portugués e da costa a Santiago de Compostela. A pouco máis de 200 metros atópase a Praia de Cesantes e a menos de un kilómetro do centro de Redondela.

A distancia ao aeroporto de Peinador é inferior a 10 Km. e a 15 e 18 Km. das cidades de Vigo e Pontevedra.

Paraxe natural

A Dársena do Francés é o lugar perfecto para desconectar  e relaxarse, gozando da calma só interrompida polos paxaros que aniñan nas innumerables árbores da paraxe. Os viaxeiros poderán desfrutar dos froitos e produtos da horta da nosa propiedade. Para os amantes do mar, poderán achegarse á enseada de San Simón, onde poderán practicar deportes acuáticos, observar a actividade mariñeira ou contemplar a posta de sol sobre a ponte de Rande.

Ambiente coidado

A sinxeleza, o respecto pola tradición e a ubicación son as máximas que rexen a ambientación do albergue, marcado pola presencia constante do mar, elemento fundamental nas vidas dos veciños da parroquia de Cesantes.

A reutilización de espazos xa existentes e a decoración con  motivos mariñeiros recrean a perfecta mestura entre o mundo labrego e do mar que se dá nesta zona de Redondela.

 

Contorna

En pleno Camiño de Santiago

Enseada de San Simón, unha paisaxe con Historia, cultura e tradicións

máis info

Footer

O albergue A Dársena do Francés foi beneficiario das axudas do Grupo de Acción Local do
Sector Pesqueiro da Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea.
A obtención desta axuda repercutiu positivamente para acadar o obxectivo de crear un albergue turístico con
orientación mariñeira que pretende fomentar o patrimonio cultural, medioambiental e patrimonial
da zona no que está situado.
  • Facebook
  • Política de Privacidade

Copyright © 2022 · A dársena do francés

Utilizamos cookies para ofrecer unha mellor experiencia no noso sitio web.

Pode atopar máis información sobre as cookies que están en uso settings.

Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

Este sitio usa cookies que posibilitan unha mellor experiencia de uso. A información das Cookies almacénanse no teu navegador e realiza funcións como identificación de páxinas visitadas, e facilita a información das seccións de maior interese.

Cookies estrictamente necesarias

Strictly Cookies necesarias habilitadas.

Se desactiva esta cookie, non poderemos gardar as súas preferencias. Esto significa que cada vez que visite este sitio web deberá habilitar ou deshabilitar as cookies novamente.

Cookie Policy

Máis información sobre a nosa política de cookies Cookie Policy