A Dársena do Francés é unha antiga casona galega do século XIX, restaurada nos anos 70 do século pasado e remodelada como albergue rural de ambientación mariñeira na actualidade.
A casa atópase nunha leira labrega duns 7000 m² presidida por un maxestuoso canastro de máis de 200 anos e adornada de viñas e árbores, tanto frutáis coma silvestres que a convirten nun oasis de tranquilidade e repouso para o viaxeiro.
A sua decoración repleta de detalles pertencentes ó mundo do mar está profundamente relacionada coa ubicación privilexiada da casa, xa que nos atopamos na parroquia de Cesantes, ó carón da ría de Vigo, a 250 metros da praia, na zona máis ligada e de maior tradición pesqueira do concello de Redondela.
En plena confluencia dos camiños costeiro e portugués a Santiago, A Darsena do Francés está a tan só 1 km do centro da vila e a 15 minutos das cidades de Vigo e Pontevedra.
